Back

Poesía, música e premios literarios

Este mércores, 18 de maio, puidemos desfrutar dun espectáculo de teatro e música creado a partir dos poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022. Fixemos a viaxe imaxinaria polos lugares que marcaron a súa vida e obra narrado por Fátima Delgado e acompañado pola música de Babykatze.

A continuación entregamos os premios da XXXIX edición do Certame literario das Letras galegas. Agradecemos a ANPA a súa colaboración nos premios e a libraría Couceiro polo seu interese en colaborar un ano máis concedendo os terceiros premios de cada categoría.

O xurado despois de valorar os 130 traballos presentados acordou entregar os seguintes premios segundo as bases do certame

Categoría A (alumnado de 1.º e 2.º ESO)

  • Terceiro premio para o texto titulado Sen aire, lonxe da casa escrito por Sofía Cao Fontán.
  • Segundo premio para o texto titulado O libro encantado escrito por Teresa Bandín Pérez.
  • Primeiro premio para o texto titulado O carrusel escrito por Antía Lois Gende.

Categoría B (alumnado de 3.º e 4.º ESO)

Categoría C (1.º e 2.º Bach.)

O xurado tamén acordou entregar un diploma e unha mención especial a Marcos Clemente polo deseño do cartel das Letras desta edición.

Parabéns a todos aqueles que fostes premiados ou premiadas. Seguide creando e defendede as inxustixas sociais como fixo Florencio Delgado na súa poética. O compromiso social é imprescindible en calquera ámbito, especialmente no literario.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA