PROYDE

A ONG de La Salle para a promoción e o desenvolvemento

A Asociación PROYDE (Promoción e Desenvolvemento) é unha ONGD sen ánimo de lucro, fundada no ano 1988 polos Irmáns das Escolas Cristiás - La Salle cun obxectivo social prioritario: A Cooperación ao Desenvolvemento. Segundo consta nos seus estatutos, o fin da Asociación é a promoción e o desenvolvemento das persoas nos países empobrecidos, mediante a realización de Proxectos e Programas de Desenvolvemento.

 

Para facer isto posible, Proyde traballa en:

  • Programas e Proxectos de Desenvolvemento nos países empobrecidos, especialmente no ámbito do dereito á educación.
  • A transformación das estruturas sociais, políticas e económicas que están na orixe da desigualdade, a inxustiza e a exclusión. Tamén polo cambio dos antivalores que contribúen a manter estas estruturas. Farao mediante a Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización, as campañas de Incidencia Política, a promoción do Voluntariado e o compromiso co Comercio Xusto e o Consumo Responsable.

Pola súa vinculación aos Irmáns das Escolas Cristiás - La Salle, PROYDE proponse a todos os membros da familia lasaliana, e a través deles a toda a sociedade, como canle privilexiada para a solidariedade tanto na contorna próxima como nos países empobrecidos. A fraternidade, o dereito á educación e a conversión persoal, están na base desta vinculación.

Moita xente pequena,
facendo moitas cousas pequenas,
en moitos lugares pequenos,
pode cambiar o mundo

Un Colegio La Salle en Rumbek

Los Hermanos de La Salle en África, siguiendo una propuesta del último Capítulo General, se han comprometido a dar un paso hacia “más allá de las fronteras” y lo han concretado en Rumbek.

El centro urbano de Rumbek está compuesto de casas bajas, casi todas de una sola planta. Así que la ciudad se extiende mucho. Las calles no están asfaltadas, cualquier coche o moto en movimiento, va seguido de una nube de polvo. Menos mal que no hay mucho movimiento de vehículos. Apenas los todoterreno de las ONG que operan en la zona. Cuando sales del núcleo urbano de Rumbek, te encuentras con un montón de centros escolares. Pareciera que todos los centros educativos se hubieran concentrado en la salida hacia noroeste, por la carretera A43. Pero enseguida, aparece el campo. Los dinkas son normalmente ganaderos, así que se ven más campos de pasto con rebaños de vacas-cebú que campos de cultivo.

El Colegio La Salle de Rumbek estará a unos 11 kilómetros del centro urbano. En este momento está en obras. Se prevé que estará plenamente operativo en tres años. Pero ya hay un grupo de alumnos que se consideran los “primeros alumnos lasalianos de Sudán del Sur”. Y estuve con ellos.

Las Hermanas de la Bienaventurada Virgen María, más conocidas como Hermanas de Loreto y en España como “las Irlandesas”, han comenzado a apoyar la labor de los Hermanos de La Salle en Rumbek. Las Hermanas, tienen ya una trayectoria de 10 años en Rumbek. Comenzaron con un Centro de Secundaria solo para niñas, en su compromiso institucional por promocionar a las niñas y a las mujeres. Siguiendo el consejo de las autoridades locales, ampliaron su oferta educativa con una Escuela de Primaria mixta y este mismo curso, comenzaba a funcionar un Centro de Salud pediátrico, para la atención de las mujeres y sus hijos.

En este marco de actuación se ha establecido una colaboración estrecha entre el colegio de Nuestra Señora de Loreto y el que será el Colegio La Salle. Por el momento han cedido aulas y profesorado para el primer grupo de alumnos de La Salle. Cuando estén disponibles las nuevas aulas, a unos 5 kilómetros, se trasladarán a ellas.

También se comparte la experiencia acumulada por las Hermanas en los 10 años que llevan allí, especialmente en lo referente a la promoción de las niñas y jóvenes; la relación con las autoridades locales y su interés en la promoción educativa del entorno.

En estos momentos, se está poniendo en marcha todo el proyecto: documentos de propiedad, vallado del terreno, afloramiento del agua para la construcción y luego para consumo y los primeros aportes de materiales de construcción. Así que, en sucesivas fases, se irá concretando la aportación educativa lasaliana en Sudán del Sur. Para comenzar, un Colegio de Secundaria para niños, que completa la oferta educativa que las Hermanas de Loreto llevan haciendo desde hace tiempo en la zona. Y posibilidades de ampliación, en el futuro, hacia la formación profesional de niños y niñas.

Un Colexio La Salle en Rumbek

Os Irmáns de La Salle en África, seguindo unha proposta do último Capítulo Xeral, comprometéronse a dar un paso cara a “máis aló das fronteiras” e concretárono en Rumbek.

O centro urbano de Rumbek está composto de casas baixas, case todas dunha soa planta. Así que a cidade esténdese moito. As rúas non están asfaltadas, calquera coche ou moto en movemento, vai seguido dunha nube de poeira. Menos mal que non hai moito movemento de vehículos. Apenas os todoterreo das ONG que operan na zona. Cando saes do núcleo urbano de Rumbek, atópaste cunha chea de centros escolares. Parece que todos os centros educativos se concentraron na saída cara ao noroeste, pola estrada A43. Pero enseguida, aparece o campo. Os dinkas son normalmente gandeiros, así que se ven máis campos de pasto con rabaños de vacas-cebú que campos de cultivo

O Colexio La Salle de Rumbek estará a uns 11 quilómetros do centro urbano. Neste momento está en obras. Prevese que estará plenamente operativo en tres anos. Pero xa hai un grupo de alumnos que se consideran os “primeiros alumnos lasalianos de Sudán do Sur”. E estiven con eles.

As Irmás da Benaventurada Virxe María, máis coñecidas como Irmás de Loreto e en España como “as Irlandesas”, comezaron a apoiar o labor dos Irmáns de La Salle en Rumbek. As Irmás, teñen xa unha traxectoria de 10 anos en Rumbek. Comezaron cun Centro de Secundaria só para nenas, no seu compromiso institucional por promocionar as nenas e as mulleres. Seguindo o consello das autoridades locais, ampliaron a súa oferta educativa cunha Escola de Primaria mixta e neste mesmo curso, comezaba a funcionar un Centro de Saúde pediátrico, para a atención das mulleres e dos seus fillos.

Neste marco de actuación estableceuse unha colaboración estreita entre o colexio da Nosa Señora de Loreto e o que será o Colexio La Salle. Polo momento cederon aulas e profesorado para o primeiro grupo de alumnos de La Salle. Cando estean dispoñibles as novas aulas, a uns 5 quilómetros, trasladaranse a elas.

Tamén se comparte a experiencia acumulada polas Irmás nos 10 anos que levan alí, especialmente no referente á promoción das nenas e mozas; a relación coas autoridades locais e o seu interese na promoción educativa da contorna.

Nestes momentos, estase poñendo en marcha todo o proxecto: documentos de propiedade, valado do terreo, afloramento da auga para a construción e logo para consumo e as primeiras achegas de materiais de construción. Así que, en sucesivas fases, irase concretando o proxecto educativo lasaliano en Sudán do Sur. Para comezar, un Colexio de Secundaria para nenos, que completa a oferta educativa que as Irmás de Loreto levan facendo desde hai tempo na zona. E posibilidades de ampliación, no futuro, cara á formación profesional dos nenos e da mocidade.

Que é o Comercio Xusto?

O Comercio Xusto é aquel que garante aos produtores unhas condicións de produción e comerciais dignas, permitíndolles que se convertan verdadeiramente en actores do seu propio Desenvolvemento.

Desde PROYDE con colaboración de La Salle cremos na educación integral dos alumnos e na responsabilidade individual de cara ao desenvolvemento de todas as persoas.

O noso colexio obtivo o certificado de Centro Educativo polo Comercio en 2012. Para iso, o centro cumpre os seguintes criterios:
  1. Ter un grupo de traballo escolar.
  2. Escribir e adoptar unha política favorable ao Comercio Xusto.
  3. Promocionar e usar produtos de Comercio Xusto dentro do Centro Educativo.
  4. Sensibilizar sobre o Comercio Xusto, xa sexa a través de obradoiros de traballo ou outros xeitos no Centro Educativo e a localidade en xeral.

Tenda Comercio Xusto

Por todo o anterior, temos un punto de venda permanente de Comercio Xusto no noso centro con este punto de venda

Mércores de 11:05 a 11:30 no recreo de Secundaria.
Luns, mércores e venres no recreo de Primaria.
Xoves de 17:30 a 18:00.