Administración

Administradora

D.ª Tamara Tejo Cebeiro
adsantiago@sallep.net

Funcións

É o departamento encargado de xestionar tanto os aspectos económicos vinculados aos alumnos como a contabilidade financeira do centro.

Aínda que as funcións da área de Administración son moi amplas e diversas, as propiamente asociadas aos nosos alumnos e familias engloban a emisión da facturación mensual, a xestión de recibos, facturas, cambios de domiciliación bancaria e as inscricións en servizos complementarios.

É a encargada da xestión e organización dos alugueres, especialmente do salón de actos e do polideportivo.

Horario de atención ao público

Luns a venres de 8:00 a 15:00 h.

Do 20 xullo ao 20 de agosto está pechada. Durante estas datas, todas as consultas deben facerse a través da recepción do Colexio. O resto do verán, Nadal e Semana Santa, o horario de atención é únicamente pola mañá, de 9:00 a 14:00 h.