Back

Certificación Cambridge

Dentro do Plan Lingüístico do Colexio La Salle de Santiago e para potenciar a aprendizaxe do inglés, animamos e preparamos os nosos alumnos para que consigan os certificados Cambridge English, recoñecidos por máis de 20.000 universidades en todo o mundo e numerosas organizacións empresariais e educativas. Estes títulos son os máis recoñecidos como proba de competencia lingüística en lingua inglesa e a súa consecución supón unha vantaxe para calquera alumno, pois supoñen unha evidencia oficial do seu nivel de inglés.

No colexio ampliamos gratuitamente o horario lectivo unha hora máis para preparar a materia de Lingua Inglesa (por tanto, teñen 4 horas semanais no canto de 3). Nesta 4.ª hora os alumnos traballan as destrezas orais das probas (listening, speaking).

Ademais, para aqueles que voluntariamente o desexen, ofrécese a posibilidade de ter unha hora extraescolar máis pola tarde. Nesta hora, os alumnos, divididos en grupos por nivel, traballan o resto de destrezas con materiais propios da proba á que se van enfrontar. A distribución dos grupos dependerá do nivel inicial e da demanda de alumnos. O obxectivo é compoñer grupos para os exames Pet (B1), First (B2) e Advanced (C1).

Destinatarios

Alumnos que obtivesen o KET(A2) ou alumnos en ESO ou Bacharelato que queiran certificar o seu nivel de inglés.

Obxectivos

Obter o certificado da Universidade de Cambridge B1 (PET for Schools)
Traballar as cinco destrezas comunicativas: Reading, Use of English, Writing, Listening e Speaking.
Familiarizarse coa metodoloxía da Universidade de Cambridge e o formato de exame.
Elaborar unha estratexia clara e precisa para realizar un bo exame.
Practicar, analizar e depurar erros, dúbidas, etc.

Actividades que se desenvolven

Unha sesión semanal de 60 minutos

Días e horas

A convir.
O horario pode variar segundo o número de persoas rexistradas.

Material necesario

Proverase aos alumnos co material necesario semanalmente, tendo en conta a secuenciación das prácticas de cada destreza.

Responsable

Evan Gill

Custo

35 €. O prezo inclúe as taxas do exame.

Para participar

Os grupos terán un mínimo de 10 alumnos e un máximo de 20.
A inscrición realizarase a través do formulario dispoñible en Sallenet. Previamente enviarase unha circular explicativa.

Destinatarios

Alumnos que obtivesen o PET (B1) ou alumnos en ESO ou Bacharelato que queiran certificar o seu nivel de inglés.

Obxectivos

Obter o certificado da Universidade de Cambridge B2 (FCE for Schools)
Traballar as cinco destrezas comunicativas: Reading, Use of English, Writing, Listening e Speaking.
Familiarizarse coa metodoloxía da Universidade de Cambridge e o formato de exame.
Elaborar unha estratexia clara e precisa para realizar un bo exame.
Practicar, analizar e depurar erros, dúbidas, etc.

Actividades que se desenvolven

Unha sesión semanal de 60 minutos

Días e horas

A convir.
O horario pode variar segundo o número de persoas rexistradas.

Material necesario

Proverase aos alumnos co material necesario semanalmente, tendo en conta a secuenciación das prácticas de cada destreza.

Responsable

Evan Gill

Custo

37 €. O prezo inclúe as taxas do exame.

Para participar

Os grupos terán un mínimo de 10 alumnos e un máximo de 20.
A inscrición realizarase a través do formulario dispoñible en Sallenet. Previamente enviarase unha circular explicativa.

Destinatarios

Alumnos que obtivesen o FCE (B2) ou alumnos en ESO ou Bacharelato que queiran certificar o seu nivel de inglés.

Obxectivos

Obter o certificado da Universidade de Cambridge C1 (Cambridge Advance Certificate in English)
Traballar as cinco destrezas comunicativas: Reading, Use of English, Writing, Listening e Speaking.
Familiarizarse coa metodoloxía da Universidade de Cambridge e o formato de exame.
Elaborar unha estratexia clara e precisa para realizar un bo exame.
Practicar, analizar e depurar erros, dúbidas, etc.

Actividades que se desenvolven

Unha sesión semanal de 60 minutos

Días e horas

A convir.
O horario pode variar segundo o número de persoas rexistradas.

Material necesario

Proverase aos alumnos co material necesario semanalmente, tendo en conta a secuenciación das prácticas de cada destreza.

Responsable

Evan Gill

Custo

40 €. O prezo inclúe as taxas do exame.

Para participar

Os grupos terán un mínimo de 10 alumnos e un máximo de 20.
A inscrición realizarase a través do formulario dispoñible en Sallenet. Previamente enviarase unha circular explicativa.