Familia Lasaliana

As obras educativas La Salle están animadas polas comunidades da Familia Lasaliana. Cada comunidade pretende ser un fermento inspirador do carisma de san Xoán Bautista de La Salle para toda a comunidade educativa coa que comparte a misión.

As comunidades lasalianas están formadas ou ben por Irmáns, ou ben por segrares lasalianos, homes e mulleres, ou ben por Irmáns e segrares, todos eles asociados para servir xuntos a misión educativa e especialmente os máis necesitados.

Os Irmáns son relixiosos laicos (non sacerdotes) que se consagran a Deus en comunidade e dedican a súa vida a soster esta misión educativa. Forman o Instituto “Irmáns das Escolas Cristiás”, fundado por san Xoán Bautista de La Salle hai máis de 300 anos. Intégranse hoxe na Familia Lasaliana con moitos educadores segrares que, desde outras opcións de vida, participan no mesmo carisma e viven a mesma espiritualidade que os fai sentirse mediadores do amor de Deus a carón dos nenos e da mocidade, cunha especial predilección para os máis vulnerables

80
Países
5
Continentes
122
Obras Educativas

La Salle está hoxe presente en 80 países, nos 5 continentes, con máis dun millón de alumnos en todos os niveis da educación. En España hai un centenar de comunidades lasalianas que animan 122 obras educativas.