Biblioteca

Centro de Recursos Ir. Fernando Diéguez

A biblioteca "Ir. Fernando Diéguez" é un espazo que invita a soñar lendo.

Externamente está deseñada con catro espazos interdependentes:

  • Sala de estudo: 40 postos de traballo para que os alumnos poidan consultar libros e enciclopedias da ampla oferta da que dispoñemos.
  • Zona de ordenadores: 6 equipos con conexión a internet por cable e dous portátiles con conexión WiFi.
  • Sala de lectura-relax: con capacidade para 35 persoas, está pensada para que os alumnos poidan gozar da lectura nun ambiente sereno e tranquilo.
  • Salas de traballo ou grupo: 3 salas con TV, vídeo e DVD. Cada unha delas está preparada para grupos de 6 a 8 persoas como máximo.

O contido dos fondos é amplo e variado, pensado para todas as idades escolares. O núcleo está formado por novelas de aventuras, humor, investigación, ciencia ficción, misterio, fantasía... en galego, inglés e castelán. Tamén hai poesía, libros de consulta, enciclopedias...

Responsable

D.ª Sonia Vega.
Encárgase tamén de dinamizar días e semanas especiais para animar á lectura, sobre todo cos alumnos de Primaria.

Horario

8:30 a 9:30 e de 14:30 a 19:30 h.

Destinatarios

Alumnos a partir de 3.º de Primaria.