Programa madrugadores - Ludoteca

Programa madrugadores

Co fin de axudar os pais a conciliar o seu horario laboral co colexio, ofrecemos o Programa Madrugadores para atender os nenos de Infantil e primeiro ciclo de Primaria pola mañá. Este programa funcionará se hai un mínimo de 15 nenos.

  • Horario: de 7:45 a 9:30 h.
  • Destinatarios: Alumnos de Infantil, 1.º e 2.º de Primaria.
  • Responsable: D.ª Chiruca Domínguez

Ludoteca

Pola tarde ofrecemos o servizo de Ludoteca para atender os nenos tamén ata 2.º de Primaria.

  • Horario: de 17:00 a 19:00. O venres desde a hora da comida ata as 17:30 h. En setembro e xuño, segue o mesmo horario que os venres.
  • Responsable: D.ª Chiruca Domínguez

O resto de alumnos (3.º de Primaria en diante) poderán acudir á biblioteca.