
O mesmo que en todos os centros galegos, contamos con o Punto Laranxa.
Este Punto Laranxa funciona como unha caixa de correos a través da cal o alumnado, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso ou ciberacoso propias ou que sufran ou perciban en terceiros.
O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnos, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
A caixa de correos está situada na zona de recepción, na área de despachos, ao lado do despacho do Orientador.
