Salle Xove

Quen somos?

Salle Xove

É o movemento xuvenil lasaliano. É a comuñón de diversos grupos de alumnos e antigos alumnos, que coinciden e se unen nunha mesma proposta educativa e evanxelizadora, inspirada no espírito de san Xoán Bautista de La Salle.

Ten como obxectivo fomentar a convivencia e os valores propios do centro, promover actividades de lecer alternativo e ofrecer á mocidade destes grupos actividades que os axuden a coñecerse, convivir e potenciar a pertenza ao ambiente lasaliano do noso colexio.

O noso grupo local forma parte de SalleXoven Valladolid que é “un gran paraugas” que aglutina a mozos de diferentes grupos. Malia a diversidade, sábense parte dun todo común.

En Salle Xove ofrecemos aos nosos nenos, adolescentes e mozos unha oportunidade única de gozar, convivir e intercambiar vivencias nunha contorna sa, que fomenta a solidariedade e o respecto mutuo. Intentamos organizar, con xente diversa, momentos de encontro para convivir e celebrar o que nos une; as actividades que organizamos inclúen:

  • Encontros con mozos da súa idade do colexio e doutros colexios ou parroquias.
  • Colonias e campamentos de verán.
  • Campos de traballo.
  • Encontro de educadores.

…E moitas actividades máis que temos preparadas para ti.