Back

Educación Infantil

2.º ciclo

Comprende tres anos académicos: aqueles que se cursan entre os 3 e os 6 anos de idade.

Apostamos por unha educación global que axude o desenvolvemento das capacidades intelectuais, afectivas, motoras, psicomotoras e sociais-relixiosas dos nosos alumnos. É unha opción consciente polo desenvolvemento integral da persoa. O xogo libre, a psicomotricidade, o razoamento, a aprendizaxe cooperativa, os programas de innovación, as TIC, o Plan de Achegamento á Realidade, a lingua estranxeira... están ao servizo desta visión da persoa, en consonancia co noso carácter propio.

Poñemos todos os medios ao noso alcance para que os vosos fillos atopen no noso centro un espazo cálido e acolledor onde poidan experimentar a aprendizaxe como algo estimulante, descubrindo o divertido que é aprender xunto cos seus compañeiros, nunha etapa da súa vida na que a súa plasticidade cerebral nos permite impulsar o aprender a aprender.

Neste camiño que facemos xuntos, os nenos aprenden a ser eles mesmos (aprender a ser), aprenden a interactuar con outros (aprender a vivir xuntos) e aprenden a interpretar o mundo que os rodea (aprender a coñecer e a facer). Van crecendo en autonomía con parámetros axeitados de autoestima e autoconcepto.

Somos conscientes da gran importancia da familia como axente educador, propiciando a reflexión e o diálogo da súa función no desenvolvemento desta etapa.