Back

Intercambios lingüísticos

O plan de estancias e intercambios lingüísticos e culturais foi demostrando o seu éxito desde o inicio. Ano tras ano ofrecemos aos nosos alumnos estas experiencias, de gran axuda á hora de obter o dominio dun idioma, especialmente na fluidez oral e comprensión auditiva. Os intercambios supoñen un esforzo de integración cando menos en tres espazos: a cidade, a escola e a familia que os acolle. Os tres achegan unha gran riqueza lingüística e cultural.

Obxectivos:

    • Experimentar o uso do idioma nunha contorna de inmersión total.
    • Reforzar o seu estudo e aprendizaxe e promover o seu uso como medio de comunicación.
    • Mellorar a audición e a pronuncia.
    • Coñecer e valorar outras culturas.
    • Vivir noutras familias con outros costumes e formas de vida.
Dirixido a alumnos de 1.º de ESO. Inglés. .

Westgate-on-Sea é unha vila costeira do sueste de Inglaterra, no condado de Kent, coñecido polos seus brancos cantís. O seu ambiente acolledor e seguro, unido á multinacionalidade do curso, fan deste destino un referente para os programas de inmersión lingüística de curta duración.

Durante unha semana, os nosos estudantes teñen a oportunidade de descubrir como vive unha familia inglesa e a cultura do país.

Ámbito escolar

Durante a estancia, os estudantes participarán en clases de conversación e aprendizaxe de idiomas con profesores nativos e terán tempo de titoría cos seus acompañantes para compartir a súa experiencia.

Ámbito cultural

Visitarán os lugares máis emblemáticos da zona a través de excursións ou actividades de lecer.

Ámbito familiar

Vivirán toda a semana coa familia que os acolle como un máis. É un bo momento para poñer en práctica todos os coñecementos lingüísticos adquiridos e mellorar o seu nivel de inglés.
Dirixido a alumnos de 2.º de ESO. Francés.

Intercambio coa escola Saint Joseph du Loquidy, situada nos arredores de Nantes.

Durante aproximadamente 7 días, os nosos estudantes teñen a oportunidade de descubrir como vive un mozo/a francés da súa idade desde 3 ámbitos ou perspectivas:

Ámbito escolar

Descubrirán o sistema educativo francés asistindo a clases de inmersión, participarán en clases de conversación con profesores nativos e titores acompañantes cos que compartir a súa experiencia.

Ámbito cultural

Visitarán os lugares máis emblemáticos da zona a través de excursións ou actividades de lecer. Completarán un caderno de viaxe onde recollerán as lembranzas da súa estadía en Nantes.

Ámbito familiar

Vivirán toda a semana coa familia de intercambio observando os seus costumes, os seus horarios... Este será un bo momento para poñer en práctica todos os coñecementos lingüísticos adquiridos e mellorar o seu nivel no idioma.
Dirixido a alumnos de 3.º de ESO. Inglés.

Intercambio coa Erzbischöfliche Realschule Vinzenz von Paul, situada nos arredores de Múnic.

Durante unha semana, os nosos estudantes terán a oportunidade de descubrir como vive un mozo/a alemán da súa idade desde 3 perspectivas: a súa vida escolar, a súa cultura e a súa vida familiar.

Ámbito escolar

Descubrirán o sistema educativo alemán asistindo a clases de inmersión en inglés e terán tempo de titoría cos seus profesores acompañantes para que poidan compartir a súa experiencia.

Ámbito cultural

Visitarán os lugares máis emblemáticos da zona a través de excursións ou actividades de lecer. Completarán un caderno de viaxe onde recollerán as lembranzas da súa estadía en Múnic.

Ámbito familiar

Vivirán toda a semana coa familia de intercambio observando os seus costumes, os seus horarios... Este será un bo momento para poñer en práctica todos os coñecementos lingüísticos adquiridos e mellorar o seu nivel no idioma.
Dirixida a alumnos de 4.º de ESO. Francés.

Intercambio cunha escola situada nos arredores de París, Sacre Coeur en Versalles.

Durante unha semana, os nosos estudantes teñen a oportunidade de descubrir como vive un mozo/a francés da súa idade desde 3 perspectivas: a súa vida escolar, a súa cultura e a súa vida familiar.

Ámbito escolar

Descubrirán o sistema educativo francés asistindo a clases de inmersión, participarán en clases de conversación con profesores nativos e titores acompañantes para que poidan compartir a súa experiencia.

Ámbito cultural

Visitarán os lugares máis emblemáticos da zona a través de excursións ou actividades de lecer. Completarán un caderno de viaxe onde recollerán as lembranzas da súa estadía en París.

Ámbito familiar

Vivirán toda a semana coa familia do seu correspondente observando os seus costumes, os seus horarios... Este será un bo momento para poñer en práctica todos os coñecementos lingüísticos adquiridos e mellorar o seu nivel de francés.