Orientación e apoio
O departamento de orientación é un servizo de axuda a toda a comunidade educativa: alumnos, familias, profesores...
Está formado por cinco profesionais: dúas psicopedagogas, un psicólogo, unha pedagoga e unha logopeda que, xunto aos titores, actúan para favorecer o desenvolvemento integral en todas as etapas: Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. Trabállase en equipo sempre buscando as mellores opcións para cada un dos alumnos.
O departamento actúa en tres ámbitos principais:
Apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe
-
- Colabora na prevención, detección e avaliación de problemas de aprendizaxe.
- Coordina a atención á diversidade propoñendo os axustes e adaptacións necesarios para a mellor atención a cada persoa.
- Asesora o equipo directivo nos temas pedagóxicos.
- Está presente nas xuntas de avaliación.
- Usa probas psicopedagóxicas colectivas para o screening das necesidades educativas máis comúns (en 3.º, 5.º de Primaria, 1.º de ESO e outras específicas, cando é necesario un informe individual).
- Orienta, xunto cos titores, os alumnos sobre as estratexias de aprendizaxe, organización do estudo, control da ansiedade ante os exames…
Orientación académica profesional
Esta función vai gando protagonismo co paso dos cursos na ESO e Bacharelato. Intentamos que os alumnos atopen aquelas áreas educativas e profesionais que os axudarán a sentirse máis motivados e satisfeitos.
-
- Aplica cuestionarios de toma de decisión educativa e profesional a partir de 3.º da ESO.
- Dá continuidade aos consellos orientadores dos distintos cursos.
- Organiza, xunto coas xefaturas de estudos e a ANPA, charlas de orientación vocacional, feiras educativas, visitas a centros de ensino…
Acción titorial
-
- Entrevista e asesora a pais, profesores e alumnos.
- Axuda na elaboración e avaliación do Plan de Acción Titorial (PAT).
- Participa, xunto co responsable de convivencia e os xefes de estudo, en accións de prevención, mediación e intervención para o mantemento dun clima de convivencia positivo que axuda a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal.
Si tendes calquera consulta ou dúbida non dubidedes en contactar connosco.
Contacto: xoanmanuel.perez@lasallesantiago.gal