Bacharelato dual

Traballamos con Academica Corporation, unha institución educativa estadounidense con sede en Miami (Florida) para poder ofrecer o Diploma Dual. Aínda que o traballo empeza en 2.º de Secundaria, é en Bacharelato onde alcanza plenamente os seus obxectivos.

Este programa ten tres obxectivos principais:

Inmersión lingüística

O programa desenvólvese 100% en inglés, pero vai moito máis alá da propia aprendizaxe do idioma. Os alumnos pensan e traballan en inglés, participan en clases maxistrais e pódense comunicar a diario con profesores nativos, participan en life sessions con outros compañeiros e, en definitiva, deféndense autónomamente en inglés, aumentando a súa confianza e destreza.

Inmersión tecnolóxica

A inmersión tecnolóxica dá como resultado o dominio no manexo das tecnoloxías de aprendizaxe dixital. O alumno ten un papel activo, marca o seu ritmo de aprendizaxe e é responsable da construción dos seus coñecementos. A educación virtual desenvolve a capacidade de pensamento crítico, destrezas de investigación e análise de información.

Inmersión personal

O alumno adquire responsabilidade e madurez no traballo, con alto nivel de autonomía, aprendizaxe da xestión do tempo, capacidade de adaptación e flexibilidade para traballar en contornas diferentes e multiculturais.
Estes valores adquiridos e aplicados son a garantía para a obtención e superación dos pequenos logros e metas iniciais que os alumnos se van a ir atopando e que posteriormente serán maiores na súa etapa universitaria.

A titulación de High School certifica a superación dos obxectivos e niveis expostos, tanto académicos como lingüísticos. Un alumno que obtivo as dúas titulacións, a española e a estadounidense simultaneamente, está a demostrar tanto a súa preparación como a adquisición dunha serie de valores e o desenvolvemento dunhas competencias para os seus estudos posteriores.

Para máis información: www.academica.school