Programas La Salle

Así traballamos

A nosa proposta pedagóxica inclúe a aplicación de proxectos innovadores e programas educativos propios da Rede de Centros La Salle.

Estes programas desenvólvense ao longo de toda a escolaridade do noso alumnado, cunha implantación progresiva e adaptada ao seu nivel madurativo e estratexias de aprendizaxe, sistematizándose nas rutinas da aula e integrándose na metodoloxía diaria.

Con eles intentamos adaptarnos aos cambios nas formas de pensar e aprender, creando novos ambientes de aprendizaxe a partir dos cales as persoas ven o mundo, comunícanse, comparten información e constrúen coñecemento, establecen novas relacións co tempo e o espazo e esixen novas formas de concibir a aprendizaxe.

Desenvolver as distintas áreas da intelixencia: vertical, lateral e emocional.

Adquirir competencias visualizadas como necesidades de futuro.

Potenciar a adhesión dos educadores a un proxecto común.

Interiorizar os trazos distintivos da oferta educativa La Salle.

Dar continuidade e renovar a tradición lasaliana baseada na innovación pedagóxica constante.

A persoa é o centro de toda a acción educativa. Fomentamos a personalización na formación, o coñecemento do alumnado e o acompañamento no seu proceso de aprendizaxe que conduzan ao desenvolvemento de todas as súas potencialidades.

Optamos pola educación inclusiva. Orientamos a nosa educación cara ao desenvolvemento integral de cada persoa, respectando os seus ritmos e capacidades; atendemos á diversidade de situacións, ofrecendo a cada un oportunidades para o seu pleno desenvolvemento.

As características persoais, familiares e sociais dan orixe a situacións que implican unha atención personalizada. Para lograla, e tamén para que cada un atope persoas e lugares de acollida, ofrecemos todos os recursos dispoñibles.

Pedagoxía innovadora: Aprendizaxe Cooperativo e Programas La Salle

A Obra Educativa La Salle entende a educación como un proceso de ensino-aprendizaxe no que o alumnado é o principal protagonista da súa propia formación e crecemento persoal. Mediante a Aprendizaxe Cooperativa e por Proxectos, xunto aos Programas La Salle de Estimulación e Desenvolvemento de Capacidades, desenvolvemos unha pedagoxía innovadora, con procesos que aseguran o acompañamento, a avaliación e mellora continua destes programas.