Programas La Salle - Lectura Eficaz
Programa de Mellora da Competencia Lectora
Lectura Eficaz é un programa cuxo obxectivo último é converter a todos os alumnos en lectores eficaces a través do traballo continuo cunhas técnicas de traballo intelectual convenientemente estruturadas e secuenciadas que pretenden fomentar e desenvolver as capacidades que interveñen directamente no acto lector: atención, comprensión, intuición, velocidade, habilidade visual, memoria, anticipación…
Estas técnicas enfócanse a mellorar a motivación, a comprensión e a capacitación lectoras dos estudantes.
Desenvolvendo estas capacidades, totalmente na liña proposta pola normativa educativa, estamos facilitando, non só a lectura, senón todo o proceso global da aprendizaxe. Deste xeito, este programa serve para previr, no posible, o fracaso escolar ligado en idades iniciais á falta de competencia lectora.
Desenvólvese mediante diversas liñas de traballo:
- Proxecto Lector de Centro, que articula a lectura en todas as etapas educativas.
- Materiais de lectura específicos por etapas: xogos de lectura, estratexias lectoras…
- Materiais para a lectura en voz alta, na etapa de primaria.
- Havilect, programa informático que adestra e desenvolve as habilidades necesarias para realizar con éxito o acto lector: ampliación do campo visual, diminución de fixacións, localización rápida dunha información, memoria visual, anticipación do sentido.