Back

Programas La Salle - Lectura Eficaz

Programa de Mellora da Competencia Lectora

Lectura Eficaz é un programa cuxo obxectivo último é converter a todos os alumnos en lectores eficaces a través do traballo continuo cunhas técnicas de traballo intelectual convenientemente estruturadas e secuenciadas que pretenden fomentar e desenvolver as capacidades que interveñen directamente no acto lector: atención, comprensión, intuición, velocidade, habilidade visual, memoria, anticipación…

Estas técnicas enfócanse a mellorar a motivación, a comprensión e a capacitación lectoras dos estudantes.

Desenvolvendo estas capacidades, totalmente na liña proposta pola normativa educativa, estamos facilitando, non só a lectura, senón todo o proceso global da aprendizaxe. Deste xeito, este programa serve para previr, no posible, o fracaso escolar ligado en idades iniciais á falta de competencia lectora.

Desenvólvese mediante diversas liñas de traballo:

  • Proxecto Lector de Centro, que articula a lectura en todas as etapas educativas.
  • Materiais de lectura específicos por etapas: xogos de lectura, estratexias lectoras…
  • Materiais para a lectura en voz alta, na etapa de primaria.
  • Havilect, programa informático que adestra e desenvolve as habilidades necesarias para realizar con éxito o acto lector: ampliación do campo visual, diminución de fixacións, localización rápida dunha información, memoria visual, anticipación do sentido.
La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.