Educación na Xustiza

Contemplamos como unha oportunidade e unha obrigación contribuír a unha verdadeira educación na Xustiza, Paz e Solidariedade, non só pola sensibilidade social cara aos máis necesitados, senón como parte esencial da nosa identidade lasaliana. Esta solidariedade faise efectiva cos máis afastados na xeografía, a través de nosa ONG PROYDE, e cos máis próximos, especialmente polas nosas obras socioeducativas e a atención aos alumnos con dificultades.

Como colexio contamos cun Plan de Educación na Xustiza e a Solidariedade que se concreta en accións e experiencias a través de:

    • Reflexións da mañá.
    • Campaña de Nadal
    • Semana dos Dereitos do Neno.
    • Semana dos Dereitos Humanos
    • Plan de Achegamento á Realidade (PAR)
    • Voluntariado. Plan de Acción social (PAS)
    • Contidos curriculares específicos sobre o tema en todas as etapas educativa
O PAR está dirixido a alumnos de infantil e Secundaria. En Primaria nestes momentos está en revisión, aínda que se realizan accións e proxectos puntuais: horto escolar en colaboración con Mans Unidas, charlas de sensibilización (discapacidade...)

Intentamos poñer as condicións para que os alumnos miren con ollos abertos as necesidades das persoas que nos rodean, reflexionen sobre as causas que provocan esas desigualdades e a buscar algún pequeno compromiso que poidan palialas.
Dirixido a alumnos de 4.º ESO, 1.º e 2.º de Bacharelato.

Intentamos que os nosos alumnos sexan conscientes das distintas realidades sociais que os rodean, a miúdo moi distintas da súa, e entendan que, aínda que non poden cambiar todo o mundo, si que poden poñer o seu graniño de area para crear unha sociedade máis xusta, xerando desta forma un impacto no seu mundo.

É dicir, buscamos desenvolver nos nosos alumnos a capacidade de compromiso e solidariedade con aqueles máis desfavorecidos mediante a axuda directa e a reflexión sobre as causas que provocan as diferenzas.

Metodoloxía
  • Compromiso directo con persoas necesitadas e coas institucións que as atenden.
  • Formación e reflexión sobre as causas de inxustiza e sobre a experiencia que están vivindo.
  • Acción realizada co acompañamento por adultos que comparten a experiencia desde o servizo, a proximidade, o apoio, a escoita, o diálogo e a dispoñibilidade.
  • Contacto con diferentes ONGD da nosa contorna para traballar xuntos.

Realidades coas que colaboramos
  • Special Olympics
  • Centro Sociocomunitario "Porta do Camiño"
  • Asociación Centinelas
  • Centro Xuvenil "Don Bosco"