Comedor escolar

Unha alimentación sa e variada

Menú escolar mes setembro

No comedor do colexio os vosos fillos gozarán dunha alimentación sa e variada elaborada nas nosas propias cociñas. Produtos frescos e menús equilibrados, supervisados por distintos organismos especializados en nutrición. A xestión do comedor realízase a través da empresa SERESCA.

Os cociñeiros elaboran as comidas co máximo control hixiénico-sanitario, e sobre todo, con todo o agarimo para que os alumnos gocen a comida. Todos os pratos elabóranse diariamente no centro con produtos frescos: cremas de verduras, caldos... Os empanados e rebozados tamén se elaboran na nosa cociña, evitando calquera precociñado. Independentemente da guarnición e sobremesa establecidos no menú, os alumnos teñen a posibilidade de tomar diariamente ensalada e froita fresca.

Os nenos de Infantil e ata 3.º de Primaria serán servidos en mesa e atendidos polas súas monitoras e monitores.

De 4.º de Primaria en diante xa pasan pola liña de autoservicio. Por iso poden escoller entre dúas opcións de cada prato, dous primeiros e dous segundos, para ter a posibilidade de adaptar o menú aos seus gustos e preferencias; iso si, dentro do mesmo grupo alimentario, garantindo así a variedade nutricional durante a semana.

En ningún caso se utilizan produtos con aceite de palma. Doutra banda, o peixe conta coas garantías medioambientais e de procedencia pertinentes. Paulatinamente estanse incorporando nos menús productos ecolóxicos: pastas, arroces, froitas de tempada e lácteos.

Dispoñemos de menús para todo tipo de alerxias e intolerancias, elaborados polo equipo de cociña seguindo as instrucións do informe médico enviado polas familias.

Desde o punto de vista educativo, o comedor é un lugar privilexiado para apoiar os bos hábitos que traballades na casa. Por iso, profesores, persoal de cociña e monitores involúcranse para que os vosos fillos coman saudablemente sen perder de vista as normas de educación na mesa.

Poderán utilizar o comedor todos os alumnos que o soliciten, mensualmente ou por días soltos (neste caso terán que solicitalo antes das 10:00 dese día en recepción). Os alumnos que fagan uso deste servizo serán atendidos ata o inicio das clases da tarde. Non poderán saír das instalacións do colexio sen unha autorización previa da familia.

Entregarase o menú mensual ás familias e estará a disposición tanto no taboleiro de anuncios de recepción como na propia páxina web.