Back

Historia Club Deportivo

O Club Deportivo san Xoán Bautista de La Salle foi fundado o ano 1991. Inscrito na Federación Galega de Atletismo, nos seus primeiros anos combinou o deporte escolar co federado nas seguintes disciplinas: fútbol, fútbol-sala, balonmán, baloncesto e atletismo.

Ao desaparecer o Deporte Escolar e integrarse todo en deporte federado, o Club competiu en baloncesto, fútbol e fútbol sala en todas as categorías, incluída a sénior, prestando especial atención ao deporte feminino.

Entre outros recoñecementos polo seu labor na promoción do deporte base, obtivo o premio ao mellor Club galego de baloncesto base, concedido pola Federación Galega.

Actualmente conta con 320 licenzas federativas e 23 monitores que se encargan da formación humana e deportiva de nenos e mocidade.