Programas La Salle - Hara
Programa de Interioridade: o Camiño cara a un mesmo, cara aos demais e cara á transcendencia
Hara é unha palabra de orixe xaponesa que se refire ao centro de gravidade física, psicolóxica e espiritual da persoa, é dicir, o máis interior que temos, aquilo que nos fai ser quen somos, o máis profundo da nosa identidade.
O proxecto Hara educa nun dos paradigmas educativos do momento: a interioridade desde distintas dimensións. Traballábase en sesións, tralas que se comparte cada experiencia que se xerou no noso interior como parte fundamental das mesmas.
O noso obxectivo é a estimulación e enriquecemento das estruturas neuronais que facilitan a entrada e abarca distintas técnicas corporais que nos permiten tomar conciencia en grao sumo íntimo de nós mesmos, posibilítanos vivir con máis serenidade e profundidade o “aquí e agora”, concédenos a oportunidade de comunicarnos con maior calidez e calidade con cantos nos rodean e facilítanos o encontro co eu profundo.
Integración emocional
A través das actividades e dinámicas, da reflexión persoal, do diálogo e do acompañamento individualizado, ofrécense ferramentas que favorecen o autocoñecemento, pero tamén o descubrimento da individualidade do outro.
Apertura á transcendencia
Partindo da experiencia interior xerada a través de dinámicas, experiencias de silencio, admiración estética, cultivo da actitude de agradecemento, curiosidade, misterio, exercicios sinxelos de iniciación á meditación… inténtase conducir os alumnos cara á apertura á transcendencia. Transcendencia con minúscula, pero tamén con maiúsculas, a experiencia do Absoluto.
Estas dimensións non se traballan de forma illada senón de forma conxunta. As técnicas e ferramentas que se propoñen no proxecto posibilítannos a forma de intervir de xeito global, de maneira que cada dimensión se vexa enriquecida polas outras. As ferramentas máis habituais son:
- Respiración: saber respirar ben axúdanos a facer máis profundo o noso silencio. Aprender a compasar movemento e respiración harmonízanos.
- Relaxación: axuda á introspección e ao comezo da meditación.
- Música: a música convértese na base ou no ambiente preciso para moitas actividades.
- Expresión artística: trátase de traballar diferentes vías de expresión cando a palabra non abonda.
- Traballo da voz: descubrir as posibles modulacións da voz é un potente exercicio para poñernos en contacto coa nosa “música interior”.
- Xogos: son os medios axeitados para crear o ambiente necesario.
- Dinámicas: experiencias que evocan distintas realidades.
- Visualizacións: técnica psicolóxica para alcanzar unha condición emocional desexada a través de imaxinar algo concreto. Unida á relaxación convértese nun camiño de meditación que pode ir abrindo ao sentido da oración meditativa.
O proxecto Hara trabállase cos alumnos, coas familias e cos educadores.