Back

Programas La Salle - Hara

Programa de Interioridade: o Camiño cara a un mesmo, cara aos demais e cara á transcendencia

Hara é unha palabra de orixe xaponesa que se refire ao centro de gravidade física, psicolóxica e espiritual da persoa, é dicir, o máis interior que temos, aquilo que nos fai ser quen somos, o máis profundo da nosa identidade.

O proxecto Hara educa nun dos paradigmas educativos do momento: a interioridade desde distintas dimensións. Traballábase en sesións, tralas que se comparte cada experiencia que se xerou no noso interior como parte fundamental das mesmas.

O noso obxectivo é a estimulación e enriquecemento das estruturas neuronais que facilitan a entrada e abarca distintas técnicas corporais que nos permiten tomar conciencia en grao sumo íntimo de nós mesmos, posibilítanos vivir con máis serenidade e profundidade o “aquí e agora”, concédenos a oportunidade de comunicarnos con maior calidez e calidade con cantos nos rodean e facilítanos o encontro co eu profundo.

Integración emocional

A través das actividades e dinámicas, da reflexión persoal, do diálogo e do acompañamento individualizado, ofrécense ferramentas que favorecen o autocoñecemento, pero tamén o descubrimento da individualidade do outro.

Apertura á transcendencia

Partindo da experiencia interior xerada a través de dinámicas, experiencias de silencio, admiración estética, cultivo da actitude de agradecemento, curiosidade, misterio, exercicios sinxelos de iniciación á meditación… inténtase conducir os alumnos cara á apertura á transcendencia. Transcendencia con minúscula, pero tamén con maiúsculas, a experiencia do Absoluto.

Estas dimensións non se traballan de forma illada senón de forma conxunta. As técnicas e ferramentas que se propoñen no proxecto posibilítannos a forma de intervir de xeito global, de maneira que cada dimensión se vexa enriquecida polas outras. As ferramentas máis habituais son:

  • Respiración: saber respirar ben axúdanos a facer máis profundo o noso silencio. Aprender a compasar movemento e respiración harmonízanos.
  • Relaxación: axuda á introspección e ao comezo da meditación.
  • Música: a música convértese na base ou no ambiente preciso para moitas actividades.
  • Expresión artística: trátase de traballar diferentes vías de expresión cando a palabra non abonda.
  • Traballo da voz: descubrir as posibles modulacións da voz é un potente exercicio para poñernos en contacto coa nosa “música interior”.
  • Xogos: son os medios axeitados para crear o ambiente necesario.
  • Dinámicas: experiencias que evocan distintas realidades.
  • Visualizacións: técnica psicolóxica para alcanzar unha condición emocional desexada a través de imaxinar algo concreto. Unida á relaxación convértese nun camiño de meditación que pode ir abrindo ao sentido da oración meditativa.

O proxecto Hara trabállase cos alumnos, coas familias e cos educadores.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.