La Salle, unha escola para a vida
Novo Contexto de Aprendizaxe
Novo
polos medios que se utilizan para aprender para a vida e desde a vida.
Contexto
porque como se aprende é tanto ou máis importante que o que se aprende.
Aprendizaxe
como centro do modelo fronte ao ensino tal e como a coñecemos.

O Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA) é un marco pedagóxico e pastoral, con identidade propia, que presenta unha proposta organizativa, metodolóxica e avaliativa clara. Outorga sentido pleno á educación da persoa abordando de forma integral as súas dimensións emocional, cognitiva, corporal, social ou espiritual, ao longo das diferentes etapas do seu desenvolvemento. O alumno é, se cabe, ata máis protagonista da súa propia aprendizaxe.
A resposta á escola de hoxe
O mundo está cambiando e a educación non pode quedar á marxe desta revolución no xeito de vivir e adquirir o coñecemento. La Salle ofrece unha resposta á escola de hoxe, centrándose na persoa, nos seus talentos, e buscando a forma de axudala a adquirir as habilidades e competencias que lle permitan transformar o mundo.O alumno, centro da súa propia aprendizaxe
O NCA propón a persoa como protagonista do proceso ensino-aprendizaxe a partir das dimensións emocional, cognitiva, corporal, social e espiritual.
Piares esenciais do modelo NCA
Modelo experiencial
Vivir experiencias significativas permite, ademais de adquirir coñecementos, a construción da personalidade.Modelo relacional
A aprendizaxe cooperativa axuda a interpretar, integrar, desde a propia aprendizaxe, as experiencias de coñecemento.Ensino-aprendizaxe
O alumno protagoniza a súa formación e crecemento persoal dentro dun modelo en continua mellora.Figura do educador
O educador é o mediador no proceso de aprendizaxe, acompañando o alumno no seu propio camiño.Principios pedagóxicos
Interioridade
A vida interior é importante, por iso preocupámonos de desenvolver a calidade humana que enlaza espiritualidade e personalidade.Mente, corpo e movemento
Os espazos e o movemento son esenciais no desenvolvemento cognitivo. Rompemos coa aula tradicional, potenciando a creatividade e a aprendizaxe.Construción do pensamento
O pensamento é educable e a escola debe fomentar momentos de reflexión individual e colectiva.Conduta e actividade autorregulada
O alumno xera hábitos de aprendizaxe autónoma e a escola axuda a construír procesos naturais e individuais de aprendizaxe como experiencia intransferible.Dimensión social
Aprendemos a ser respectuosos cos demais e a enriquecernos participando nas prácticas sociais e culturais.

Ámbitos de aprendizaxe
Acollida
É o ámbito de experiencia que prepara o alumno para o que vai vivir.Seminario
É o ámbito onde se produce o encontro entre persoa e coñecemento, onde teñen cabida o contido curricular. É o espazo do SABER.Obradoiro
É o ámbito no que o alumno se constrúe a si mesmo e é protagonista da súa aprendizaxe. É o espazo do SER.Proxecto
É o ámbito onde os alumnos traballan transversalmente todos os principios NCA, aprendendo da experiencia. É o espazo do FACER.Peche
É o momento da avaliación, a reflexión e a celebración do vivido.
La Salle desenvolveu elementos propios que materializan o Novo Contexto de Aprendizaxe, apostando por unha educación integral, que enlaza aprendizaxe cooperativo, creatividade e visión solidaria, e que se apoia nos nosos principios pedagóxicos.