
Viva o Samaín!
Como nos gustan as castañas!
As nenas e nenos de primaria estiveron gozando dunha marabillosa tarde de magosto. O alumnado dos diferentes niveis tivo a sorte de poder desfrutar dunhas deliciosas castañas asadas baixo un agradable sol de outono.
Durante a semana, moitos cativos e cativas estiveron colaborando, e traendo castañas ao colexio, para poder compartilas cos seus compañeiros e compañeiras nesta tarde tan especial.
Unhas horas de risas e troula que nas que houbo comida, baile e xogos!
Grazas ás familias que estiveron colaborando, así como a todas as persoas que fixeron que este día puidera estar tan cheo de ledicia para todos e todas!
Feliz Samaín!




