Back

Éxito na Carreira Pedestre de Santiago

 O domigo 25 de outubro, na Carreira Pedestre de Santiago, na súa edición nº 47. O tempo a verdade que non acompañou moito esta vez (houbo unhas cantas caídas...), pero aínda así o evento tivo unha moi boa acollida entre o noso alumnado. O colexio levou un merecido premio no tocante a primeiro centro educativo na clasificación, ademais de ser o colexio que máis participantes aportou á carreira: un total de 277 rapaces e rapazas (sen ter en conta a uns 35 mozos que participaron representando aos seus clubes de triatlón, atletismo e incluso fútbol).
Por último é imprescindible agradecer un ano máis o traballo que posibilita estes resultados e resposta masiva, destacando se me permitides e sobre todo o traballo de motivación e de acompañamento que dende todo o Depto. de Educación Física os nosos compañeiros e compañeiras fan. Así pois, GRACIÑAS a Diego, Pedro, Pablo, Hugo, Mónica, Jacobo, Iago por todo o tempo e ilusión dedicada aos nosos rapaces. É parabens, tamén, a todas as compañeiras e compañeiros que correron.
La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.