
MISIÓN CUMPRIDA! ATOPAMOS O MICRÓFONO DE CALISTA!
Os nenos e nenas de 5 anos conseguimos resolver o misterio que nos acompañou durante estas últimas semanas: atopamos o micrófono perdido de Calista, a xornalista!
Desde que recibimos aquel primeiro vídeo no que Calista nos pedía axuda, puxémonos mans á obra para seguir todas as súas pistas e investigar diferentes lugares da nosa contorna. A través de cada reto, fomos descubrindo novos espazos, observando o noso barrio, facendo preguntas, compartindo ideas e buscando solucións.
Foi un camiño cheo de curiosidade e emoción e para conseguilo, traballamos en equipos cooperativos, respectando as opinións dos demais, tomando decisións conxuntas e aprendendo a escoitarnos.
E, por fin… MISIÓN CUMPRIDA! Recuperamos o micrófono e puidemos devolvérllelo a Calista para que poida continuar co seu traballo, realizando entrevistas e contándonos moitas noticias.
Ata a próxima aventura!




