
Da cabeza aos pés, aprendemos inglés!
Nas nosas aulas de Educación Infantil seguimos descubrindo o inglés dunha maneira divertida e natural. Desta vez, estamos aprendendo as partes do corpo!
Durante estas últimas semanas cantamos, bailamos e participamos en diferentes xogos e actividades que nos axudan a coñecer e aprender novo vocabulario mentres nos divertimos.
Nestas idades, o xogo é a nosa principal ferramenta de aprendizaxe. Por iso, buscamos que os nenos e nenas gocen de cada actividade e vaian incorporando o inglés de forma natural, case sen decatarse.
Porque aprender tamén é cantar, moverse, rir e pasalo ben. E así é como máis nos gusta facelo!




