
O MAGOSTO E O SAMAÍN EN INFANTIL
Coñecemos e gozamos das tradicionais festas do Magosto e do Samaín.
O xoves 29 de outubro celebramos no noso colexio o Magosto, unha das tradicións máis queridas do outono. Os nenos e nenas de Educación Infantil prepararon os seus propios cucuruchos e gozaron dunhas saborosas castañas asadas. Ademais, a través de diferentes actividades, descubrimos e aprendemos un pouquiño máis sobre esta festa tan nosa.
E como o outono tamén trae consigo a maxia do Samaín, as nosas aulas enchéronse de cabazas, creatividade e fantasía. Coa axuda das súas familias, os nenos e nenas elaboraron unhas cabazas moi especiais que trouxeron ao cole para compartir con todos nós. Ademais, luciron uns terroríficos e divertidos accesorios na cabeza que lle deron á xornada un toque moi orixinal!
Entre castañas, cabazas e moitos sorrisos, gozamos destas celebracións dun xeito especial, aprendendo, compartindo e mantendo vivas as nosas tradicións.
Un outono cheo de maxia, ilusión e momentos para lembrar!




