
Poesía, música e premios literarios
Este mércores, 18 de maio, puidemos desfrutar dun espectáculo de teatro e música creado a partir dos poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022. Fixemos a viaxe imaxinaria polos lugares que marcaron a súa vida e obra narrado por Fátima Delgado e acompañado pola música de Babykatze.
A continuación entregamos os premios da XXXIX edición do Certame literario das Letras galegas. Agradecemos a ANPA a súa colaboración nos premios e a libraría Couceiro polo seu interese en colaborar un ano máis concedendo os terceiros premios de cada categoría.
O xurado despois de valorar os 130 traballos presentados acordou entregar os seguintes premios segundo as bases do certame
Categoría A (alumnado de 1.º e 2.º ESO)
- Terceiro premio para o texto titulado Sen aire, lonxe da casa escrito por Sofía Cao Fontán.
- Segundo premio para o texto titulado O libro encantado escrito por Teresa Bandín Pérez.
- Primeiro premio para o texto titulado O carrusel escrito por Antía Lois Gende.
Categoría B (alumnado de 3.º e 4.º ESO)
- Terceiro premio ao texto Lembranzas dun futuro presentado por Raquel Gutiérrez López.
- Segundo premio ao texto Rosas e lilas presentado por Inés Combo García
- Primeiro premio ao texto Queixumes da guerra presentado por Uxía Iglesias Saco.
Categoría C (1.º e 2.º Bach.)
- Terceiro premio outorgado ao texto Ti e mais eu escrito por María Pacheco Valiño.
- Segundo premio outorgado ao texto Adagio escrito por Alba Abalo Penas.
- Primeiro premio para o conxunto de poemas titulados O silencio destruído. Fai SOL. O ningures escritos por Andrés Collantes Barros.
O xurado tamén acordou entregar un diploma e unha mención especial a Marcos Clemente polo deseño do cartel das Letras desta edición.
Parabéns a todos aqueles que fostes premiados ou premiadas. Seguide creando e defendede as inxustixas sociais como fixo Florencio Delgado na súa poética. O compromiso social é imprescindible en calquera ámbito, especialmente no literario.
MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA








