Back

Letras Galegas 2021

O pasado venres, 28 de maio, os alumnos de 2.º ESO tiveron a oportunidade de lembrar a obra da polifacética Xela Arias. Acompañounos na celebración a escritora Andrea Maceiras, autora de Miña querida Sherezade, entre outras. Compartiu cos presentes reflexións moi interesantes centradas na importancia da lectura e da escrita sexa literaria ou non. As súas palabras de agarimo, entusiasmo e ilusión foron moi valoradas polo alumnado e profesorado. Reveloulles que ela estaba alí como convidada e como escritora, porque participara nun certame literario. Parte dos alumnos e alumnas presentes sabían do que falaba pois estaban expectativos e expectativas polo fallo do xurado.

Agradecemos a dispoñibilidade de Andrea Maceiras e o interese de Uxía Iglesias por aceptar con ilusión a proposta de realizar a presentación da filóloga, escritora e profesora. Asemade agradecemos a Alba Mei Abalo pola magnífica interpretación do poema “A reflexión” de Rosalía Fernández, mellor poema en galego do 2020.

A celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS non sería posible sen a palabra. Ela acada vida nos relatos ou versos presentados por 100 alumnos e alumnas que dedicaron tempo e esforzo para expresar as súas ideas a través da escrita literaria.

Os premiados nesta XXXVIII edición do Certame Literario foron:

Categoría A (1.º e 2.º ESO)

  • Terceiro premio para o texto titulado O faro dos segredos presentado por Xoaniña e escrito por Laura Fernández Sanmartín.
  • Segundo premio para o texto titulado O cuarto coas preguntas e respostas presentado por Dagda e escrito por Raquel Gutiérrez López.
  • Primeiro premio para o texto titulado O segredo do carpinteiro presentado baixo o pseudónimo Alan Brito, escrito por Uxía Iglesias Saco.

Categoría B (3.º e 4.º ESO)

  • Terceiro premio para o texto titulado As agullas do reloxo, presentado baixo o pseudónimo de Ermitas, escrito por Aldara Buch Novo.
  • Segundo premio para os poemas titulados Gris e Sempre escribín mal presentados baixo o pseudónimo Número 13 e escrito por Raquel Soto Sánchez.
  • Primeiro premio para o texto titulado La presentado por Medusa e escrito por Inés Combo García.

Categoría C (1.º e 2.º Bach.)

  • Terceiro premio para o texto titulado Xe o visitante ou Zan o extraterrestre creado por Grum, o Cempés e presentado por Rubén Gutiérrez López.
  • Segundo premio para o texto que leva por título A escuridade da luz presentado baixo o pseudónimo Paradóxica escrito por María Gamás Pardal.
  • Primeiro premio para o texto titulado Canción do Mar escrito baixo o pseudónimo Amap da autoría de Alba Mei Abalo Penas.

O xurado na XXXVIII edición acordou outorgar unha mención especial a Marcos Clemente Martínez polo deseño do cartel.

Agradecemos a colaboración da ANPA que, ano tras ano, patrocinan estes premios e elaboran os diplomas. Tamén queremos agradecer a Libraría Couceiro porque grazas a Pablo e María podemos ter ese terceiro premio en cadansúa categoría. GRAZAS!

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA

Dpto. Lingua galega e Literatura

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.