Back

Unha cea diferente

O venres 28 de maio foi o día, celebramos a III Cea Diferente a favor de Proyecto Fratelli. Da organización encargouse a Delegación de PROYDE do colexio.

Compartimos durante ese serán, ademais da compañía e da presenza virtual, unha estupenda comida libanesa. Do labor de preparación e de que estivese todo perfecto encargouse o persoal de cociña, aos que cómpre agradecerlles a súa implicación e seu bo saber facer.

Ao mesmo tempo o Irmán Arsenio Carpintero contábanos a realidade do Líbano tras esta pandemia e a explosión que en agosto ocasionou tantos danos e perdas.

Foi unha experiencia diferente, e moi enriquecedora. Finalmente, puidemos pasar un tempiño xuntos aínda que fose virtualmente.

Contra o remate do acto realizamos o sorteo dunha serie de agasallos de PROYDE, todos eles asinados polo futbolista profesional Borja Iglesias e polo presentador de televisión Roberto Villar, sorteamos tamén unha cea no restaurante O Quinteiro.

Indicamos a seguir a relación de papeletas gañadoras.

  • Camiseta asinada por Roberto Villar: n.º 55
  • Máscara asinada por Roberto Villar: n.º 126
  • Camiseta asinada por Borja Iglesias : n.º 154 e nº 32
  • Balóns asinados por Borja Iglesias: n.º 52 e n.º 49
  • Frisbee asinado por Borja Iglesias: n.º 172 e n.º 201.
  • Cea no Quinteiro: n.º 57.

A entrega dos premios farémola en 2.º de Primaria C. Pasade pola clase para recollelos.

Graciñas a todos e todas por seguir facendo do mundo un lugar mellor para os máis desfavorecidos e por compartir a vosa ilusión en todo o que facedes.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.