Back

Unha viaxe salvaxe arredor do mundo

Cada postal, cada vídeo e cada mensaxe de Frank espertaban novas preguntas, sorrisos e moitísima curiosidade. Así coñecemos os animais da sabana africana, as aves máis coloridas da selva e os pequenos habitantes do fondo do mar. Entre todos, os nosos protagonistas favoritos foron a xirafa, o guacamayo e o peixe pallaso, que nos acompañaron en xogos, contos e actividades cheas de imaxinación.

Na aula pintamos, estampamos, clasificamos animais segundo o seu hábitat e descubrimos se vivían na terra, no aire ou no mar. Creamos pequenas obras de arte, observamos cores e formas, xogamos con diferentes materiais e gozamos de historias que nos fixeron viaxar sen saír da clase.

Tamén aprendemos que cada animal necesita coidados, protección e un lugar onde vivir feliz. Pouco a pouco, os nenos e nenas foron comprendendo que existen animais moi distintos aos que vemos preto da casa, pero todos igual de importantes e especiais.

O máis bonito desta experiencia foi ver como a ilusión medraba cada día: as ganas de descubrir unha nova postal, recoñecer animais, contar o aprendido e compartilo cos compañeiros. O noso recuncho de Infantil encheuse de selvas, océanos, sabanas e moitísimas aventuras.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.