Back

Internivel saudable: aprender, convivir e medrar xuntos

Neste internivel, a través de diferentes propostas lúdicas e motrices como dianas, zancos, carreiras de sacos, bolos, cintas de danza, disco voador ou palas, os nosos nenos e nenas puideron experimentar, explorar e divertirse mentres desenvolvían habilidades físicas, cognitivas e sociais.

Os grupos internivel permiten que os máis pequenos aprendan observando e compartindo cos seus compañeiros e compañeiras, mentres que os maiores desenvolven actitudes de coidado, liderado e empatía. Xéranse así vínculos moi especiais que fortalecen o sentimento de pertenza e enriquecen a vida escolar.

Cada estación de xogo converteuse nunha oportunidade para cooperar, animarse mutuamente, superar pequenos retos e celebrar xuntos cada logro. Porque educar tamén é ensinar a convivir, a respectar os ritmos de cadaquén e a descubrir que xuntos aprendemos mellor.

Este tipo de experiencias recórdanos a importancia de promover hábitos saudables desde a infancia, entendendo a actividade física non só como movemento, senón como unha ferramenta para o benestar emocional, a socialización e o desenvolvemento integral.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.