
EXCURSIÓN EN INFANTIL: UN MÉRCORES CHEO DE AVENTURAS
O pasado mércores, os nenos e nenas de Educación Infantil colleron a mochila, puxeron o mellor dos seus sorrisos e saíron a descubrir o mundo.
Os de 3 anos fixérono a pé, explorando o barrio de San Pedro, un dos máis auténticos e con máis encanto de Santiago de Compostela, cheo de recunchos, rúas de pedra e historias agardando ser descubertas. Para moitos foi a primeira saída do curso, e ese paseo converteuse nunha pequena gran aventura. Os de 4 anos viaxaron ata a Fervenza do Toxa, en Silleda, onde a auga, os árbores e os animais de granxa foron os mellores mestres do día: aprenderon de onde veñen os alimentos, coñeceron os animais de preto e descubriron o importante que é coidar a natureza. E os de 5 anos aventuráronse ata Apípolis, un espazo dedicado ao mundo das abellas, onde coñeceron como viven, como se organizan e como elaboran o mel. Unha visita que, sen dúbida, lles vai quedar gravada na memoria, e no padal. Un mércores redondo para toda a etapa.









