
Alejandra, campioa na estrada e na escola
- Categorías Actualidade, Bacharelato, Colexio
- Data Maio 13, 2026
Alejandra Neira, alumna que remata 2º de Bacharelato no colexio, está a facer unha tempada fantástica. Non deixa de colleitar triunfos na estrada enriba da súa bicicleta. Sen ir máis lonxe vén de gañar o pasado sábado 9 de maio a primeira edición da clásica Liège-Bastogne-Liège feminina en categoría junior. Pero ademais da bicicleta tamén vai tendo os seus éxitos no terreo académico, xa que vén de rematar o seu curso de 2º de Bacharelato cun resultado tamén espectacular.
Parabéns Alejandra e ánimo na túa carreira, que o traballo vai dando os seus froitos. No eido deportivo xa acadaches o contrato con Movistar e no académico, vas camiño de ter as portas abertas a facer o que queiras para o teu futuro.
Moita sorte na PAU e na estrada.
Tamén che pode interesar
18 ESTUDIANTES RECIBEN PREMIO MEGAU 2026
Xuño 23, 2026
ADEUS, INFANTIL DE 3 ANOS!
Xuño 21, 2026
O TEMPO PASA RÁPIDO
Xuño 21, 2026
