Unha cea diferente
O venres 28 de maio foi o día, celebramos a III Cea Diferente a favor de Proyecto Fratelli. Da organización encargouse a Delegación de PROYDE do colexio.
Compartimos durante ese serán, ademais da compañía e da presenza virtual, unha estupenda comida libanesa. Do labor de preparación e de que estivese todo perfecto encargouse o persoal de cociña, aos que cómpre agradecerlles a súa implicación e seu bo saber facer.
Ao mesmo tempo o Irmán Arsenio Carpintero contábanos a realidade do Líbano tras esta pandemia e a explosión que en agosto ocasionou tantos danos e perdas.
Foi unha experiencia diferente, e moi enriquecedora. Finalmente, puidemos pasar un tempiño xuntos aínda que fose virtualmente.
Contra o remate do acto realizamos o sorteo dunha serie de agasallos de PROYDE, todos eles asinados polo futbolista profesional Borja Iglesias e polo presentador de televisión Roberto Villar, sorteamos tamén unha cea no restaurante O Quinteiro.
Indicamos a seguir a relación de papeletas gañadoras.
- Camiseta asinada por Roberto Villar: n.º 55
- Máscara asinada por Roberto Villar: n.º 126
- Camiseta asinada por Borja Iglesias : n.º 154 e nº 32
- Balóns asinados por Borja Iglesias: n.º 52 e n.º 49
- Frisbee asinado por Borja Iglesias: n.º 172 e n.º 201.
- Cea no Quinteiro: n.º 57.
A entrega dos premios farémola en 2.º de Primaria C. Pasade pola clase para recollelos.
Graciñas a todos e todas por seguir facendo do mundo un lugar mellor para os máis desfavorecidos e por compartir a vosa ilusión en todo o que facedes.