Back

Parabéns para os nosos pequenos artistas!

A delegación de Manos Unidas de Santiago de Compostela organizou un concurso de tarxetas de Nadal chamado: “Nadal solidario de Manos Unidas”.

O alumnado do colexio La Salle acolleu con moita motivación a proposta de participar no concurso. Se algo xa sabiamos  era que as nosas nenas e nenos teñen moita creatividade e así o demostraron nas tarxetas de Nadal que elaboraron.

Temos a sorte de poder felicitar a Enzo Couso de 1º de Primaria, xa que gañou o primeiro premio da primeira categoría, onde participan nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria. Tamén queremos destacar que Rodrigo Gómez de 5º de Primaria obtivo unha mención especial polo seu traballo presentado. As tarxetas dos participantes tiveron o luxo de estar expostas durante o Nadal  na Biblioteca Pública de Ánxel Casal.

O profesorado do colexio síntese moi orgulloso do talento do seu alumnado. Pero, sobre todo, valoramos as ganas e o entusiasmo co que as nenas e nenos participan en tódalas iniciativas que se lles ofrecen!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.