Back

Aprendemos con Godly Play!

No colexio La Salle Santiago estamos a traballar en clave NCA (Novo Contexto de Aprendizaxe). Buscamos que o noso alumnado experimente unha aprendizaxe real e significativa e para iso estamos innovando e utilizando variadas metodoloxías.

Esta semana as nenas e nenos de primaria teñen a sorte de poder recibir as primeiras sesións de Godly Play. Isto é unha metodoloxía que pretende que o noso alumnado se achegue ao relato bíblico dunha maneira máis experimental. O Godly Play está baseado nos principios do método Montessori. Este enfoque invítalles a explorar a súa fe a través de narracións por parte do noso profesorado especialista nas que, ademais de palabras, tamén se usan símbolos e obxectos. Tras escoitar unha historia, os nenos e nenas deciden por si mesmos a forma de responder a ela xa sexa por medio dunha narración propia, xogos, mapas ou a súa propia expresión creativa (debuxo, pintura, modelado, escritura…).

Neste momento, na nosa escola contamos cun equipo de seis profesoras de infantil e primaria especialistas nesta metodoloxía. Ademais,  temos unha aula especial Godly play, preparada e acondicionada exclusivamente para levar a cabo estas sesións tan especiais.

Da gusto ver ao noso alumnado desfrutando, participando e sendo activo no seu proceso de aprendizaxe!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.