Back

Espazos simultáneos

“Se buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo”

ALBERT EINSTEIN

Nunha contorna social multifuncional e cambiante, onde a nosa capacidade de adaptación e flexibilidade física e mental están constantemente a proba, necesitamos aprender a aceptar e xestionar novos e distintos retos cotiáns.

Os ESPAZOS SIMULTÁNEOS de NCA son unha combinación de recantos de traballo onde se conxugan diferentes áreas de coñecemento, materiais e técnicas pedagóxicas.

Cunha temporalización de entre 15-20 min. por recanto e en grupos de ata 5 membros, os pequenos e pequenas desenvolven actividades, resolven desafíos e realizan tarefas de forma cooperativa ou individual. Baixo a supervisión da Profesora, quen toma como premisa principal a autonomía e liberdade ao alumnado. Os pequenos e pequenas xestionan o traballo e o uso dos materiais durante as múltiples rotacións.

Cinco espazos/recantos de traballo que potencian e activan diferentes capacidades e áreas:

  • – PROXECTOS: Actividades relativas á temática do Proxecto que nese momento estase desenvolvendo na aula; xogos, lecturas, mappings, vocabulario, etc.
  • – ÉRASE UNHA VEZ: Enfocado ao traballo do proceso lecto-escritor; lectura e escritura cooperativa ou individual, xeración espontánea de palabras ou frases, lectura grupal ou individual, etc.
  • – NUMERÓPOLIS: Tarefas de razoamento lóxico-matemático; formas xeométricas, seriacións, táboas de dobre entrada, policubos, resolución de pequenos retos ou problemas de forma grupal ou individual.
  • – EXPLORA: Actividades manipulativas enfocadas ao desenvolvemento da madurez neuro-motora: táboas de pinchos, quebracabezas, recortado, picado, pegado, plastilina, etc.
  • – CONSTRUCIÓNS: Xogos para a procura da expresión oral e comunicativa, así como outras habilidades afectivo-sociais; ensamblados, magnéticos, de pinchos, etc.

Espazos/recantos que xeran pequenos retos e invitan á exploración, valoración, toma de decisións, capacidade de adaptación e flexibilidade mental. Desenvolvendo mentes flexibles para un mundo cambiante.

SONIA FRANCO

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.