Back

Observa, pensa e crea!

Desexando estabamos de volver ás tardes dos entornos de internivel!

En pensamento lóxico, seguimos coa proposta de xogos de lóxica para que os nenos e nenas desenvolvan capacidades á vez que se divirten.

Nesta ocasión imos comezar por utilizar pauciños de cores. Con eles traballaremos a motricidade fina, a lóxica, a atención e concentración; sen deixar de lado a estimulación da creatividade  unha vez avancemos na complexidade e os nenos e nenas entenden como é o xogo, para así, coa súa imaxinación, lograr crear moitas máis figuras das propostas.

As actividades inícianse con tarxetas de formas sinxelas a imitar, en función da capacidade dos nenos e nenas. Unha vez dominado este primeiro nivel, iremos incrementando o nivel de dificultade ata o punto no que eles sós compoñan formas e figuras creativas.

Xogaremos con cantidades, con cores, coa intelixencia visual-espacial, coa capacidade de observación e atención.

Só estamos comezando e agardamos ir descubrindo xogos, habilidades e espertar estratexias que resolvan, xuntos, estes pequenos retos.

LUISA PÁJARO

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.