Back

Excursión 1.º ESO: Historia e diversión camiñan da man.

O pasado xoves, o alumnado de 1.º da ESO realizou unha excursión á cidade de Lugo no marco da Narrativa 7. Pola mañá, visitaron o Museo Arqueolóxico de San Roque e a Porta Miñá, ademáis de percorrer a emblemática muralla romana. No museo puideron ver restos arqueolóxicos de gran valor histórico, como mosaicos romanos, obxectos da vida cotiá da época e elementos funerarios, o que lles permitiu afondar no coñecemento da historia e do patrimonio do seu contorno.

Esta actividade estivo directamente relacionada coa Narrativa 7, xa que permitiu ao alumnado conectar os contidos traballados na aula cunha experiencia directa do legado histórico da cidade.

Pola tarde, gozaron dunha actividade lúdica nun parque de aventuras, onde participaron en xogos de laser tag, percorreron circuítos entre as árbores e lanzáronse por divertidas tirolinas.

Foi unha xornada moi completa, na que a aprendizaxe e a diversión se combinaron para ofrecer unha experiencia enriquecedora e inesquecible.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.