Back

CONCERTO DE PÉS DE LA

A viaxe musical levounos polas catro provincias, cunha mestura vibrante de sons que lembraban as foliadas, as xuntanzas nas aldeas e esa enerxía única que fai que a música tradicional sexa tan viva. Cada peza convidaba a bailar, e os nenos e nenas, sen ningunha dúbida, responderon e participaron con alegría. Saltaron, xiraron, puntearon e compartiron risos nunha celebración chea de entusiasmo.

Ver os cativos entregados, gozando e sentindo a música como algo propio foi o mellor agasallo. O grupo Pés de la soubo captar a esencia das nosas raíces e transmitila dun xeito fresco e divertido, creando un ambiente de festa que quedará na memoria de todos.