Back

Intercambio 4.º Secundaria

O alumnado de 4.º de ESO viviu unha experiencia inesquecible grazas ao intercambio escolar con Alemaña. Durante dúas semanas, estudantes galegos e alemáns compartiron actividades culturais, educativas e lúdicas, tanto en Santiago como na cidade anfitrioa, Markt Indersdof. Foi unha oportunidade única para convivir, mellorar competencias lingüísticas e coñecer novas realidades, reforzando os lazos entre os dous centros participantes.

A estancia en Alemaña comezou cunha xornada moi especial. O noso alumnado coñeceu mellor aos seus compañeiros e compañeiras alemás e participou en diferentes clases como cociña, deportes ou inglés. Un dos momentos máis destacados foi a creación dunha camiseta conmemorativa do intercambio. Os estudantes alemáns encargáronse de deseñar un logo único que representaba a unión entre ambas cidades, converténdose nun recordo moi especial desta viaxe.

Despois diso, os estudantes alemáns  visitaron Santiago, onde tamén desfrutaron dunha intensa programación cultural. Durante a súa estadía en Santiago, tiveron ocasión de pasear polos tellados da catedral, descubrir a cidade da Coruña e visitar os castros de Baroña. Estas visitas permitíronlles achegarse á historia e á paisaxe galega, mentres compartían momentos coa comunidade educativa local.

Este intercambio deixoulles momentos cheos de aprendizaxe, convivencia e emocións. Tanto o alumnado como as familias e o profesorado implicado valoraron moi positivamente a experiencia. Sen dúbida, foi unha oportunidade para crecer persoal e academicamente, abrirse ao mundo e crear amizades que, agardamos, duren moito tempo.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.