Back

Encontro Tres Tendas

O pasado sábado 21 de outubro tivo lugar no noso colexio o Encontro Tres Tendas. Na súa quinta edición xuntámonos corenta persoas (cada ano somos máis) de toda Galicia e Portugal para vivir un tempo de tranquilidade en torno á figura do sementador.

Foi unha experiencia moi enriquecedora e satisfactoria para as persoas participantes en torno ás sensacións que podemos vivir cos seis sentidos. Tamén puidemos ter un tempo persoal vivindo unha sesión de Godlyplay, rezando coa axuda dun caderno ou compartindo un tempo en parella no Emaús.

En definitiva, unha mañá diferente, con persoas moi dispares, que rematou xantando todos xuntos.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.