Back

A Axencia Tributaria

Este mércores 25 de outubro os nosos alumnos de Economía de 1.º de Bacharelato e Economía e Emprendemento de 4ª da ESO participaron nas charlas que ofreceron dúas técnicas da Axencia Tributaria dentro do programa de Educación Cívico-T que organiza este ente.

Entre os temas a tratar, explicouse a importancia dos Presupuestos Xeráis do Estado, os principales impostos e fontes de recaudación para facer frente ós gastos públicos que sufragan moitos dos servizos que todos disfrutamos e o funcionamento dos impostos más importantes: o IRPF e o IVA.

Mencionar a exposición que se fixo coa estimación do custo que teñen moitos dos bens e servizos dos que disfrutamos como cidadáns : un curso escolar na escola pública ou concertada, un kilómetro de autovía, o custo dunha operación quirúrxica maior…

Con esta charla agardamos que as nosas alumnas e alumnos poidan concierciarse da importancia dos bens e servizos públicos e dos impostos para pagar éstos, e lles axude a ter un mellor desempeño nas asignaturas relacionadas.