Back

A ilusión do Nadal

O Nadal está cheo de luz, de ilusións, de sorpresas, de emocións, de amizade,… de familia.

Transmiten enerxía, ledicia, emoción en todo o que fan, e máis cando se poñen a preparar e actuar nun pequeno festival de celebración do Nadal que saben que vai ser compartido cos seus compañeiros e as súas familias.

Superando o nerviosismo de ser gravados, a vergoña de actuar para outros, cárganse de entusiasmo para deleitarnos co seu espírito  artístico, desde os elfos do Nadal que pasan repartindo maxia e as estrelas que nos alumean o camiño, ata todo un Nacemento do mais concorrido e animado, cheo de anxos que anuncian a boa nova e pastores que levan bo ritmo para chegar sen demora. Por se damos con algún despistado, non hai mais que escoitar as panxoliñas que nos narran a historia do ocorrido en Belén.

Todo chega ao sen fin, e que mellor maneira de rematar que enviando bicos cargados cos mellores desexos para estas datas.

Toda a etapa de educación infantil únese neste emotivo e sentido festival, elaborado con toda a ilusión e ledicia dos nosos nenos e nenas e que queremos chegue a todos os que os rodean, como nos chega a nós cada día.

Ilusión e ledicia que vos desexamos neste Nadal e que poidades desfrutar en familia e amigos.

LUISA PÁJARO

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.