Back

Crecendo en interioridade

MANDALA; conxunto de figuras e formas xeométricas concéntricas que representa as características máis importantes do universo e dos seus contidos. Por que utilizalas cos nosos pequenos e pequenas?

O Novo Contexto de Aprendizaxe invítanos a desenvolver a interioridade a través do coloreado de mandalas, os cales, ademais de fomentar a atención e a concentración, tamén…

  • … favorecen o desenvolvemento da psicomotricidade fina de mans e dedos; proceso importante para a iniciación na escritura.
  • … promoven o benestar interior do neno, ao centrarse nunha actividade pracenteira como é o feito de simplemente pintar.
  • … favorecen a súa creatividade e imaxinación, ao ser libres de elixir a gama de cores que queren reflectir.
  • … axudan a desenvolver a paciencia, a perseveranza e a constancia, ao tratar de completar cada un dos pequenos recunchos das figuras.
  • … permiten que traballemos conceptos xeométricos: círculos, triángulos, cadrados, estrelas…
  • … posibilitan a introdución de novo vocabulario, de cores, formas, tamaños ou emocións.
  • … aumentan a autoestima, ao permitir que o neno cre algo propio e único.
  • … estimulan o sentido do estético.

Pintar mandalas supón enormes beneficios aos nosos pequenos e pequenas, sendo un excelente exercicio de estimulación cognitiva que nos enfoca cara á individualidade e interioridade persoal.

SONIA FRANCO

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.