Back

Spot de Nadal 2021: Un brote de esperanza

Din de María que é fortaleza e espírito de sacrificio. Unha muller valente que responde ante  a vida con sinxeleza de corazón. Din de Xosé que non se coñecen mans máis dispoñibles e entregadas. Un home comprometido que atopou a medida do amor servindo aos demais. En  definitiva, unha familia á intemperie do deserto buscando unha oportunidade de futuro. O relato da fuxida a Exipto non resulta estraño máis de 2000 anos despois. Así o recolle o Evanxeo segundo san Mateo (Mt 2, 13-16): 

“Despois que eles se retiraron, o Anxo do Señor apareceuse en soños a Xosé e díxolle:  Érguete, toma contigo o neno e a súa nai e fuxe a Exipto; e queda alí ata que eu che diga. Porque Herodes vai buscar o neno para matalo. El ergueuse, tomou de noite o neno e a súa nai, e retirouse a Exipto. Entón Herodes, ao ver que fora burlado polos magos, enfureceuse terriblemente e enviou a matar a todos os nenos de Belén e de toda a súa bisbarra, de dous anos para abaixo”. 

O Nadal é tempo de nacer pese ás dificultades. Un momento para recordar, de xeito especial, a  aquelas familias que viven sumidas na adversidade: o desemprego, a enfermidade, a soidade, o desafiuzamento, o peche de negocios e establecementos, os ERTES, a distancia, os campos de  refuxiados, o exilio político, a guerra… Non fai falta viaxar moi lonxe para velo; están nas rúas, nos bloques de veciños, nas escolas, nas familias… e é fundamental permanecer atentos. 

O amor máis fráxil e sinxelo recórdanos que, ante a difcultade, sempre nos queda un gromo de esperanza. Bo Nadal! 

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.