A ilusión do Nadal
O Nadal está cheo de luz, de ilusións, de sorpresas, de emocións, de amizade,… de familia.
Transmiten enerxía, ledicia, emoción en todo o que fan, e máis cando se poñen a preparar e actuar nun pequeno festival de celebración do Nadal que saben que vai ser compartido cos seus compañeiros e as súas familias.
Superando o nerviosismo de ser gravados, a vergoña de actuar para outros, cárganse de entusiasmo para deleitarnos co seu espírito artístico, desde os elfos do Nadal que pasan repartindo maxia e as estrelas que nos alumean o camiño, ata todo un Nacemento do mais concorrido e animado, cheo de anxos que anuncian a boa nova e pastores que levan bo ritmo para chegar sen demora. Por se damos con algún despistado, non hai mais que escoitar as panxoliñas que nos narran a historia do ocorrido en Belén.
Todo chega ao sen fin, e que mellor maneira de rematar que enviando bicos cargados cos mellores desexos para estas datas.
Toda a etapa de educación infantil únese neste emotivo e sentido festival, elaborado con toda a ilusión e ledicia dos nosos nenos e nenas e que queremos chegue a todos os que os rodean, como nos chega a nós cada día.
Ilusión e ledicia que vos desexamos neste Nadal e que poidades desfrutar en familia e amigos.
LUISA PÁJARO
Mestra de Educación Infantil