
Xornada coa Policía Local de Santiago de Compostela
A semana pasada, o alumnado de 4° primaria tivo unha xornada do máis interesante!
Pola mañá, as nenas e nenos recibiron a visita da Policía Local nas súas aulas. Alí tiveron un rato agradable onde falaron sobre educación viaria, e aprenderon moitas cousas útiles e importantes para o día a día.
A continuación, dando un agradable paseo pola zona vella, foron a coñecer a comisaría da policía. Os nenos e nenas quedaron abraiados e abraiadas de todo o que puideron observar e coñecer: material que utiliza a policía, sala de cámaras de control de tráfico, os carteis de xente desaparecida, así coma dos delincuentes máis buscados, pero o que máis impresionou a moitos dos cativos e cativas foron os calabozos! Que impresión lles causou visitar esta parte das instalacións!
Moitas grazas pola experiencia, agardamos repetir o próximo curso escolar!




