
A biblioteca, banco de sementes
- Categorías Actualidade, Infantil
- Data Xuño 10, 2020
Cada libro co que nos atopamos é coma unha semente. Cando cae na terra do noso maxín, nacen froitos marabillosos: as historias. Elas son as que nos nutren de posibilidades infinitas e nos proporcionan unha despensa de emocións, viaxes e aventuras. Ensinar a ler é poñer a punto a horta para recibir esas sementes que, dalgunha maneira, chegarán a ser o alimento que sosteña os soños, esperanzas e, ás veces, a mesma vida das nosas nenas e nenos.
E xa sabemos que a biblioteca é coma un banco de sementes onde podemos escoller con que soñar, onde viaxar, ou quen queremos ser... Será maxia?


Tamén che pode interesar
GRAN ÉXITO NO CONCURSO “CARTA A UN MILITAR ESPAÑOL”
Xullo 17, 2026
18 ESTUDIANTES RECIBEN PREMIO MEGAU 2026
Xuño 23, 2026
ADEUS, INFANTIL DE 3 ANOS!
Xuño 21, 2026
